Archive for the ‘tv’ Category

Tanxugueiras at Foliada en Carboeiro

January 30, 2018

To get into the mood for this week’s session (foliada), 24 hours away as I write this, have a look at these clips from the pandeireteiras group Tanxugeiras, extracted from the very lovely Alala special “Foliada en Carboeiro” which was broadcast in December.

1)

 

 

2)

 

both were released today, actually – I discovered them by sheer good luck as I was looking for something else and noticed the suspiciously large number next to the icon of the Alala channel. They released a whole bunch of clips from the show today.

 

Advertisements

Alalá 218

December 25, 2017

A Galician Folk extravaganza, the 218th episode of the series Alalá, is broadcast today – 10pm Spanish time, i.e. 9pm UK time. Should be streaming here. I assume it will also turn up on YouTube and on the Alalá website at a later point.

Details from their Facebook page (text in Galician only):

Alalá 218- Alalá no Mosteiro de Carboeiro: A alegría da música tradicional galega.

O 25 de decembro, ás 22.00 h. TVG emitirá un novo capítulo de Alalá.

Televisión de Galicia comprácese en convidarvos a unha Foliada no Mosteiro de Carboeiro. Nela participarán 6 dos grupos máis potentes e divertidos da música galega actual: AS TANXUGUEIRAS, PANDEIRETEIRAS SEN FRONTEIROS, CANTIGAS E AGARIMOS, NOVO AIRES DA TERRA, OS MELIDAOS E OS D´ ABAIXO. Será o día de Nadal ás 22.00 h.

Moitos asocian a nosa tradición musical con melodías melancólicas ou morriñentas, pero o día de Nadal imos ver que o caudal máis abundante e profundo da música galega nútrese tamén da alegría. Séculos atrás era a alegría do día a día, de superar o duro traballo no campo ou no mar, ás veces con fame e padecementos. Era a alegría como condimento principal da vida e fronte á dureza da mesma.

Había foliadas, seráns, polavilas, romarías, alboradas, e todo tipo de festas asociadas aos ciclos e as estacións do ano. Estas festas non eran só unha opción de lecer, senón que propiamente eran o lecer, a forma de pasar o tempo en lugares nos que non había ningunha outra maneira de divertirse ou socializar cos veciños. A xente non se encerraba na soidade das súas casas para ver a televisión senón que espantaba a tristeza con alegría e sentido do humor.

Actualmente as novas xeracións están a recuperar o gusto por esta música festiva, alegre, feita para bailar e divertirse. Volven os seus ollos ao pasado para aprender dos maiores. Cambiaron moitas cousas, pero a música galega séguese bailando e gozando. Os grupos que presentare¬mos nesta Foliada en Carboeiro teñen en común que tocan para que a xente o pase ben e baile, para alegrar a vida.

Así que para este Nadal, pola noite, pedimos que poñan a galega e deixen sitio no salón para dispor dun espazo para bailar, escoitar, e vivir a alegría de 6 grandes grupos da música feita en Galicia: AS TANXUGUEIRAS, PANDEIRETEIRAS SEN FRONTEIROS, CANTIGAS E AGARIMOS, NOVO AIRES DA TERRA, OS MELIDAOS E OS D´ ABAIXO.

Por que o mosteiro de Carboeiro? Pois porque é un lugar máxico, no que a finais da primavera se celebra unha das foliadas máis vibrantes de Galicia, e porque mesmo unha das súas fachadas, cun magnífico pórtico do ano 1200, convida á alegría da música. Na época en que se construíu o mosteiro, nos santuarios admitíase a música instrumental e popular como expresión de piedade e encomio. Convídase ao peregrino ou ao crente para entrar na igrexa para comunicarse coa divindade a través da súa fe entusiasta e da súa alegría. Estando en Galicia, como non, un dos instrumentos representados no pórtico é a gaita.

Hai 100 anos a música era un elemento esencial na vida da aldea galega. Acompañaba o traballo, o lecer, a festa e en xeral todas as actividades diarias. AS TANXUGUEIRAS son tres rapazas moi novas que na súa vida non paran de cantar e percutir no sitio que lles cadre. Se as súas bisavoas o facían lavando a roupa ou no muíño elas fano na casa, na parada do bus, ou nun restaurante. Viven a música como son, divertidas, cheas de forza e de vitalidade. Tiveron xa un gran éxito internacional e a súa carreira non fixo máis que empezar.

O farmacéutico Perfecto Feijoo e o seu grupo, o Coro Aires da Terra, gravaba en 1904 o primeiro rexistro de música tradicional galega, nado do seu amor pola música tradicional, a música popular. Máis de 100 anos despois, Pablo Carpintero e un grupo de excelentes músicos recrean o espírito deste coro con NOVO AIRES DA TERRA, que interpreta pezas deste disco e do cancionero de Feijoo. Por suposto, o primeiro rexistro de música galega é alegre e festivo, é música para cantar en grupo e pasalo ben e Novo Aires dá Terra reflicte á perfección este espírito.

Pouco despois de Aires da Terra fóronse formando os Coros Históricos galegos, fundamentais na conservación da nosa tradición oral. Un dos máis emblemáticos é CANTIGAS E AGARIMOS. O coro atravesa un momento espectacular de renovación e de forza escénica cunha perfección interpretativa da que sen dúbida ten gran parte de culpa o seu novo director, Xaquín Xesteira, compoñente de Treixadura, que é capaz de inculcar a un grupo de xente de tódalas idades, xa de seu entusiastas da música e das tradicións de Galicia, unha alegría e unha intensidade na interpretación que fará as delicias dos espectadores que nos acompañen este 25 de decembro.

PANDEIRETEIRAS SEN FRONTEIROS diferénciase de Cantigas e Agarimos nalgunhas formas de interpretar a música tradicional hoxe en día, pero con Xurxo Fernandes e outros grandes músicos, comparten esa alegría, ese entusiasmo, que os levou a viaxar polo mundo tocando música de aquí e demostrando que a música tradicional galega pode conectar con xente das máis diversas culturas como as da India, Rumanía o sur de Italia e outros lugares do mundo. Tocan con garra, con forza, con entrega e coa súa visión da música tradicional, na que misturan creatividade e tradición para divertirse e divertir coa música galega.

O repertorio dos MELIADOS nútrese de pezas do cancioneiro tradicional, dos arquivos dos catro Coros Históricos, de diferentes cuartetos ou agrupacións relevantes do noso país, cancións recollidas por eles mesmos; así como outras pezas da súa creación. Os Melidaos suman xa tres discos no mercado. Neste Alalá interpretarán pezas de “FESTA NA CODESEIRA”. O disco contén 15 pezas con importante presenza da voz e con máis da metade das mesmas compostas por Antonio Raposo Vidal. Un disco con pasodobres, muiñeiras, valses, foliadas, pasacorredoiras e, por suposto, alalás, pezas imprescindibles na nosa tradición musical polas que Os Melidaos senten auténtica devoción. Os Melidaos levan anos investigando, conservando, poñendo en valor e divulgando a enorme riqueza musical deste País. Un grupo que goza coa nosa música, que busca a información de cada unha das pezas que interpreta, que respecta coa máxima fidelidade as cancións que chegan ata eles e que, por enriba de todo, amosan orgullo interpretando a música galega.

Dentro do panorama actual da música galega actual destaca como poucos o grupo OS D’ABAIXO, integrado por grandes músicos, algúns provenientes de formacións como Berrogüetto ou Fía Na Roca. Eles preocúpanse moito da investigación e o seu repertorio provén de cancioneros e recollidas, como a que fixo Alan Lomax en Galicia en 1952. Pero se a orixe das cancións é produto da investigación etnomusicolóxica, a proposta de OS D´ ABAIXO é absolutamente orixinal porque combinan uns arranxos innovadores, preciosismo instrumental, e unha forma de tocar chea de ganas de divertir. Eles seguen facendo que a xente baile a súa música, como sempre se fixo coa música tradicional, porque se conservan elementos esenciais como o ritmo.

Neste Foliada en Carboeiro queremos que o público da TVG e de Alalá poida gozar no Nadal da alegría da nosa tradición musical. O equipo do programa non pode estar máis satisfeito por ter o privilexio de acompañalos nos seus fogares nesta data tan especial. Todos estades convidados a compartir esta gran festa da música tradicional este 25 ás 10 da noite. Alalá 218 “A alegría da tradición musical galega”.